TELÉFONOS DE INTERESE

21 de agosto de 2013

O CONCELLO PROMOCIONA UNHA REPARACIÓN






Acabo de ler en dous dos tres xornais da comarca en versión dixital que o muro do paseo marítimo de San Tome foi restaurado por operarios municipais tralo accidente ocorrido en xullo. O muro xa leva reparado uns días e no Concello non deben ter máis que facer que poñer esta nota publicitaria.  Pois a informacíon saiu do Concello, xa que é extrano que un tema menor coma este saia en dous xornais o mesmo dia.  Hai que recordar que no accidente un mozo sen permiso de conducir atropelou a un grupo de turistas, entre eles unha madrileña que perdeu unha perna. O mozo non tiña carné e está á espera de ser xulgado. Impútaselle un delito contra a seguridade vial e outro de lesións por imprudencia grave.  

As fontes municipais recórdanlle a estes medios que o vehículo derribou algúns bloques de pedra da estrutura, tirándoos ao mar quedando seriamente danados. De feito, os operarios municipais tiveron que substituír algunhas pezas.                                                                                             Ademais, a reparación era urxente, tan urxente que tardaron case un mes, para garantir a seguridade das persoas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.