Entre doce e catorce execuciós de hipotecas están despachando os xulgados pontevedreses todos os días, segundo comentou Isaac Piñeiro, vocal da Plataforma de Afectados por Desahucios en Pontevedra.
A gravidade do problema está camuflado polo decreto do Goberno Central, que paraliza durante dous anos a ejecución dos desahucios, pero a situación será moito máis delicada transcorrido esta marxe de tempo, porque as economías serán moito máis críticas, segundo Carmen Fouces, concelleira de Servizos Sociais en Pontevedra.
Esta mañá presentouse en sociedade esta Plataforma vinculada a un colectivo que xurdiu en Barcelona e que, na actualidade, conta con 185 representacións en todo o territorio nacional.
En Pontevedra a Plataforma de Afectados polos Desahucios esta nacendo, e conta con 40 integranntes que están traballando intensamente en varios niveis, como describe Gonzalo de Francisco Meirelles, o seu presidente.
Dentro das actividades despregadas conseguiron dous alugueres sociais en Pontevedra, para familias que perderon a súa vivenda, e nas próximas datas pensan levar a acabo un programa de actos, para darse a coñecer en Pontevedra, e, sobre todo, para gañar a partida aos seus principais inimigos, os bancos.
O próximo mes de setembro comentaron estes portavoces, teñen previsto celebrar unha asemblea aberta a todo o mundo.
Máis información en afectadosporlahipoteca.com ou no tfno 625.515.191.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.