Alguén pode explicar porqué o Concello de Cambados non anunciou/publicitou a concentración de Motos Vellas do Salnés e a ESCOOTERAFA tanto nos libriños donde se mete de todo "habido e por haber" coma nos dous carteis da fachada do edificio do Concello?. Non quero pensar mal, pero teño a miña opinión.
Malia todo as once da mañá, a praza de Fefiñáns estaba tomada por Vespas, Lambrettas e máis dun sidecar axustado aos vehículos anteriores a 1970. Motos Vellas ten xa unha longa experiencia neste tipo de actividades coas que pretende reunir aos socios e afeccionados e, de paso, dar a coñecer estas reliquias do motor ao gran público.
A concentración iniciouse o sábado cunha ruta desde Cambados a Caldas, en homenaxe a Rafael Branco, e concluíu onte cunha subida desde Cambados ata A Armenteira. Un pelotón de cascos e motores fíxose co protagonismo nas estradas da comarca.
|


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.