TELÉFONOS DE INTERESE

19 de agosto de 2013

LOUZÁN FAI DE PITONISO E CONVERTE OS SEUS DESEXOS EN REALIDADE








O presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael "predictor" Louzán, afirmou este domingo que a saída da Volta ciclista a España desde a localidade de Vilanova de Arousa marcará tamén o "inicio para a saída da crise económica que atravesa o país".
Así o manifestou, sen cairlle a cara de vergonza, Louzán no arranque das Festas do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa, nas que foi o encargado do pregón, non deberon atopar a nadie mellor para enconmendarlle esta misión, no que  incidideu en que este ano este municipio e todo O Salnés están tendo un número de visitas "como nunca antes recibiu" o que, segundo considerou, é sinal de que España "empeza a saír da difícil situación na que se atopa". Ademáis, o presidente da Diputación Provincial sinalou que hai tres indicadores "claros" de que se empeza a remontar, apuntando respecto diso as últimas cifras do paro (baixa o número de parados pero hai máis que fai un ano), a baixada da prima de risco e o incremento das exportacións. Nesta liña, fixo fincapé en que o sector do turismo verase "moi beneficiado" coa organización de catro etapas da Volta na provincia de Pontevedra. Home que vai decir despois dos cartos que segastan neste evento. Recordarlle que as retrasmisións de La Vuelta teñen menos audiencia que Sálvame de T5. Cecáis sería hora de plantexarse a emisión de spots neste programa. 
Por último destacou que  a carreira partirá de "unha vila pequena, pero dunha nobre vila".


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.