TELÉFONOS DE INTERESE

21 de agosto de 2013

"LA VUELTA" XA SE FAI NOTAR POR CAMBADOS







Os 22 equipos que participan en La Vuelta 2013 chegaron ás Rías Baixas para a saída da carreira e os primeiros días de competición, que transcorrerán pola provincia de Pontevedra.
Ao longo de toda a xornada do mércores a totalidade de corredores e directores deben instalarse nos hoteis reservados pola organización en Sanxenxo, Pontevedra, Cambados, O Grove e Vigo, para cumprir así coa regulamentación da organización que os obriga a concentrarse antes da cea deste día 21, a tres xornadas da saída oficial coa contrarreloxo por equipos dende Vilanova de Arousa.
Toda a comitiva permanecerá na provincia ata o 26, onde os afeccionados poderán ver de preto aos ciclistas e toda a infraestrutura que rodea a carreira.
O cuartel xeral dos 22 equipos participantes quedou establecido do seguinte xeito:
  • PONTEVEDRA: Movistar (Parador), AG2R La Mondiale (Room), Belkin (Apartamentos Dabarca), Team Argos-Shimano (Rías Bajas), Team Saxo-Tinkoff (Galicia Palace), Cofidis (Galicia Palace), Vacansoleil (Campaniola).
  • SANXENXO: Astana (Oca Galatea), Euskaltel-Euskadi (Gran Hotel Talaso), Garmin (Nuevo Astur), Radioshack (Nuevo Astur), Cannondale (Pedramar), Lotto Belisol (Nuevo Lanzada), Sky (Campomar), Omega Pharma (Ton).
  • CAMBADOS: Katusha (Parador),  En Ribadumia, BMC Racing Team (Hotel San Marcos).
  • O GROVE: Orica Greenedge (Abeiras), Caja Rural (Montemar).
  • VIGO: Lampre (Hesperia Vigo), FDJ (Tryp Galeones), Netapp-Endura (Ciudad de Vigo)
No momento de redactar esta nova os corredores do Katusha descansaban nas suas habitacións.
Os corredores de todos os equipos participantes realizarán adestramentos xoves e venres, días previos ao arranque oficial, para coñecer algunhas das estradas polas que transcorrerán as primeiras etapas: Vilanova de Arousa-Sanxenxo (24 de agosto), Pontevedra-Monte da Groba (25 de agosto) ou Vigo-Mirador de Lobeira (26 de agosto).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.