Este venres quedou aberta ao público a VI Feira da Artesanía e Comercio de Cambados, unha mostra na que participan máis dunha trintena de artesáns, 21 dos cales contan coa marca Artesanía de Galicia. E decimos 30 porque alguén encargouse de decir que se encheran os stands da Calzada, certo pero non son todos artesáns.
Na mostra, que se celebra durante toda a fin de semana, poderase ver o traballo de profesionais de oficios como aolería, a madeira, o téxtil, o encaixe, o coiro, a cerámica, a forxa, a cestería, a bixutería ou a pedra.
Ademais da exposición e venda dos produtos, completan o programa actividades paralelas relacionadas coa música, a exposición de pezas e as demostracións en vivo. Os visitantes poderán visitar a feira en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas, no Paseo da Calzada.
Por outro lado decirvos por si non vos decatárades da eliminación da Festa Europea do Viño que fracasou estrepitósamente e da cal ninguén dou explicacións que saibamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.