TELÉFONOS DE INTERESE
▼
5 de agosto de 2013
HERMANAMENTO ENTRE ALBARIÑO E O VIÑO DE BAENA
O Capítulo Serenísimo do Albariño celebrou no parque de Torrado un solemne pero ao mesmo tempo entrañable acto de hermanamiento coa Confraría de Amigos da Viña e o Viño con sede en Baena (Córdoba).
O chanceller do Capítulo, Pedro Piñeiro, e o presidente da confraría andaluza, Rafael Trujillo, oficiaron como mestres de cerimonias en presenza do alcalde de Cambados e cabaleiro do Capítulo, Luís Aragunde, da concelleira de Baena, Manuela López, e do presidente do consello regulador da D.O. Rías Baixas, Juan Gil Araújo.
Este peculiar acto de fraternidade vitivinícola consistiu no recheo e selado dunha botella que contén a metade de viño albariño Rías Baixas e a outra metade dun viño baenense denominado Cancionero.
Este hermanamento contou coa presenza de varias testemuñas da confraría do Viño de Rioja, presidida polo albariñense de honor Enrique Gracia, Confraría do Aceite de Baena, e Cofradía de Gastrónomos do Algarve (Portugal).
No transcurso de acto fíxose constar que a misión das confrarías segue sendo a de promocionar e defender os produtos de calidade das respectivas rexións vinícolas e anunciouse que vai continuar esta tradición dos hermanamientos que permite, como neste caso, "unir dous viños e dous pobos separados por mil quilómetros, nunha botella de apenas 40 centímetros".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.