TELÉFONOS DE INTERESE

5 de agosto de 2013

FEIJÓO ESCÓNDESE E DESPOIS FAI UN DISCURSO DEMAGÓXICO





Feijóo volveuno facer. Debe terlle medo a xente. A xente que encheu o percorrido dende o Concello ata a Praza de Fefiñáns non ten nivel para poder ver a o Presidente da Xunta. Que sorte teñen algúns delicuentes que pasean e poden ter unhas palabras con Feijóo. 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou este domingo nos actos da LXI Festa do Albariño no Pazo de Fefiñáns, declarado Ben de Interese Cultural o ano pasado.
"Hoxe hai 79 razóns menos" para celebrar a Festa do Albariño dixo, "nunca unha festa fora tan triste", apuntou Feijóo en referencia ao accidente ferroviario de Santiago.  Entón a que ves?. E xa que ves, porque te escondes?.
Mais o presidente da Xunta tamén salientou o “progreso” dun acontecemento que "como o bo viño, mellora co tempo" e referiuse aos novos cabaleiros e donas do Capítulo Serenísimo do Albariño, "encargados de defender e promulgar o que é noso, pero tamén levalo polo mundo adiante". Seguro que van defender o Albariño? Aínda que esto non ten que ver contigo
"Hoxe –precisou- incorpóranse á honra do albariño o coñecemento do sector vitivinícola de Guillermo de Aranzabal Agudo; a experiencia e a profesionalidade no ámbito turístico de Amancio López Seijas; o saber facer nos despachos de avogacía e na escritura de Manuel Medina; e a capacidade interpretativa de Diana Nogueira".
Feijóo lembrou a figura do que "sempre será Gran Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño, Don Manuel Fraga Iribarne" e amosouse convencido de que "estes novos valedores do albariño saberán mellor que ninguén velar pola súa saúde e difundir a súa imaxe alá por onde vaian polo ben dun sector estratéxico para Galicia, como é o vitivinícola".
Non podía faltar o nome de Fraga no Xantar, pero o que non dixo é que a Xunta se vai a comprometer a que os viticultores cobren o que teñen que cobrar pola uva e que as axudas as bodegas vanse estudar a o milímetro para que non pasen cousas coma no pasado. Eso non interesaba a os comensais ali presentes. A o final outro mitin para os fieis ppeperos.


1 comentario:

Ricardo Dominguez Rey dijo...

grande artigo que amosa a ralea destes individuos que politizaron unha festa que debía de ser de todolos os cambadeses e amosa ta que punto son so iso uns cobardes

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.