TELÉFONOS DE INTERESE

13 de agosto de 2013

DOUS COCHES EMBISTEN EN TRAGOVE






En Tragove (Cambados) producíase onte pola tarde un accidente entre un turismo e unha furgoneta. Duas persoas resultaban feridas tras colisionar frontalmente ambos os dous vehículos. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil, Protección Civil e a Policía Local de Cambados. A persoa que conducía o turismo sufriu lesións debido ao impacto e foi trasladada a un centro hospitalario para a súa observación.

O condutor dun automóbil Ford Mondeo tiña o seu coche aparcado en sentido contrario e cando se dispuxo a saír non viu que viña unha furgoneta nese mesmo sentido. Ambos condutores saíron e polo seu propio pé dos vehículos pero presentaban dores cervicales e torácico polo que foron trasladados polos membros de Protección Civil e os servizos sanitarios ao hospital Miguel Domínguez para unha revisión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.