TELÉFONOS DE INTERESE

20 de agosto de 2013

DAVID R. VALEIRAS NO RIF ROCK O VENRES 23







O Venres 23 teremos en directo no RIF ROCK ó ourensán DAVID R. VALEIRAS,  por suposto da man de Comomepos Produccións, a nosa cacharrería cultural favorita!!

"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo (isto último está por ver...). De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. I é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".

Retorcido, incisivo e divertido. Se estivéchedes no seu concerto do ano pasado seguro que repetides, e senón, non vo-lo perdades!!

E por se fora pouco, ó remate do concerto, o productor Comomepos, tomará os mandos da cabina do Rif-Rock unha vez máis para ofrecernos unha das súas sesións ata o final da noite. Non se pode pedir máis para un venres!!


Lembrade, será o próximo Venres 23 de agosto, coma sempre dende as 23:30h. e con entrada libre.

E o Sábado 24 o debut de CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, como convidado de luxo dunha nova entrega da serie "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
Máis info en: http://rifrockerz.blogspot.com.es/












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.