TELÉFONOS DE INTERESE

1 de agosto de 2013

CONTINÚA A FESTA DO ALBARIÑO. SEGUNDO DIA





Este xoves do Albariño abre coa terceira edición do Túnel do Viño, que se inaugurou hoxe no salón de congresos José Peña, coordinado polo Consello Regulador. Participan máis de 50 adegas de albariño e as persoas interesadas nesta cata poderá degustar todos os viños por 15 euros.

Para hoxe en canto a espectáculos haberá  cita musical de "renome", dentro da XVI Gala do Albariño que se celebra na praza de Fefiñáns (22.00h), na que actuarán Chenoa, David Civera e Karina. Durante esta gala tamén se entregan os premios do Concello: Folla de Prata con Albariña de Ouro, nos distintos eidos de atención social, arte e cultura, comunicación, deportes e empresa.
Nesta gala serán proclamadas as Raíñas do Albariño, acto suspendido o pasado domingo polo loito tralo accidente de Santiago.


Na Praza do Concello a verbena estará amenizada por D´Tacón e Lembranza.

E mañán será outro dia 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.