TELÉFONOS DE INTERESE

13 de agosto de 2013

CERCA DE 11.000€ GASTA A XUNTA PARA ENTRE OUTRAS COUSAS ENSINAR FLAMENCO E SEVILLANAS






Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, fundada en 10 de novembro de 1908, é unha asociación de persoas interesadas en difundir e dar a coñecer a cultura e as tradicións galegas en todas as súas manifestacións. A súa vocación é a de fomentar, entre os seus asociados, actividades culturais, recreativas e sociais, creando entre eles vencellos de amizade e compañeirismo. Procura tamén manter a continuidade dos valores, costumes e usos tradicionais de Galicia, non deixando de promover, por outra banda, un proficuo intercambio cultural con outras asociacións similares. A Xuventude de Galicia está inscrita con o número 13 na “Federação Portuguesa das Colectividades de Cultura e Recreio” e foi declarada de Utilidade Pública en 26 de novembro de 1980, distinción que é concedida a Asociacións que presten servizos relevantes á comunidade ou teñan actividades de interese xeral.


No tocante ás actividades con horarios permanentes destacamos:
  • As que realiza a nosa “Escola Célia Neves”, de recoñecido mérito en Lisboa, adicada á práctica do Flamenco e ás Sevillanas.As que leva a efecto a nosa “Escola de Música”, nacida en 2011, cando iniciamos un novo proxecto con o obxectivo de ampliar o ámbito do ensino da Música, ata entón soamente asegurado na nosa Escola de Gaitas. O servizo de restaurante: para os nosos asociados e amigos, temos funcionando diariamente o “Restaurante Álvaro Cunqueiro”, no que se poden atopar pratos tradicionais galegos e portugueses.
Na web desta asociación veredes que non mentimos pica aquí

Esta asociación recibeu da Xunta no ano 2011 cerca de 11.000€. e que podes ver nesta ligazón 

Resolución del DOG nº 154 de 2011/8/11 - Xunta de Galicia    











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.