TELÉFONOS DE INTERESE

8 de agosto de 2013

A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO RECIBIDA POR LOUZÁN






Como é normal nestes casos Louzán non pon peros para estar nas fotos, para outras fotos tarda algo máis.

Preto de cincuenta mozos, a metade dos integrantes da Banda Unión Musical de Meaño, recibiron na Deputación Provincial as felicitacións do presidente da institución por ser a A BANDA DE MÚSICA  CAMPEONA DO MUNDO a o lograr o primeiro premio do World Music Contest de Kerkrade en Holanda. Durante a recepción, Rafael Louzán, recordou á alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, que acompañou á formación musical que podían dispoñer do Auditorio de Umia para as actividades que precisen e que intentarán no futuro construír un Auditorio para o municipio que conta cunha banda premiada internacionalmente.
Louzán indicou que dende a Deputación se leva colaborando coa banda dende hai tres anos e durante esta mañá, Louzán fixo entrega á alcaldesa de 10.000 euros para que o Concello o invista na agrupación musical.
Ademais, Louzán lamentou que a Banda non puidese estar presente nas festas da Peregrina durante este fin de semana porque xa teñen concertada unha actuación en Ourense.
O director da banda agradeceu o apoio e reclamou que sigan apoiándoos porque queren seguir representando "a Meaño, a Pontevedra e a Galicia,".
O propio director comunicou fai tempo que deixaba o seu posto, algo que non se fixo público ata estos dias.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.