TELÉFONOS DE INTERESE

1 de julio de 2013

OS PREFERENTISTAS SEGUEN A PRESIONAR NA DEPUTACIÓN DE LOUZÁN






O pleno da Diputación previsto para a mañán do venres, finalmente celebrouse a porta pechada tras 4 horas de espera. Ás 11 da mañá varias plataformas de afectados polas preferentes tomaron o salón de plenos e a sesión nin sequera comezou. O presidente Rafael Louzán foi dando quendas de palabras a quen quixo falar. Os políticos aguantaron máis de 3 horas e media nos seus escanos.


Ás 3 da tarde, o PP decidiu celebrar, por segunda vez, o pleno a porta pechada e a soas. Nin PSOE nin BNG asistiron á sesión a porta pechada. O PP aprobou un expediente de modificación de crédito de 31 millóns de euros polo que quedou aprobado destinar 7 millóns para un novo Plan de Emprego, 15 para o Plan de Investimentos da Diputación e 9 para amortizar a débeda da institución provincial.



Outros puntos da orde do día, como dous mociones presentadas polo PSOE e unha declaración conxunta sobre a situación da empresa Pescanova, quedaron sobre a mesa ante a incomparecencia no pleno a porta pechada dos grupos da oposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.