TELÉFONOS DE INTERESE

12 de julio de 2013

O B.N.G. DE CAMBADOS PIDE MELLORAS NA AVENIDA DA CORUÑA







Dende hai uns días, veciños e veciñas de Fefiñáns, veñen de transmitir a o BNG o seu malestar polo mal estado no que se encontra a estrada da Avenida da Coruña, así como pola perigosidade ao acceder á Praza de Fefiñáns desde dito vial, sobre todo,  pola marxe do muro de peche da horta da casa nº 39 da rúa San Benito, xa que carece de beirarrúa e os peóns (abundantes nestas datas) deben desprazarse directamente pola estrada, co perigo que isto supón para a súa integridade.



Recordan que os erros do PP, na lamentable urbanización da parcela da Mercé, son  a causa de que hoxe a maioría do turismo que quere acceder á zona da praza de Fefiñáns teno que facer desde a Avenida da Coruña, vial que non contempla aparcamento para autobuses e as prazas para coches son insuficientes, polo que se trata dunha estrada que non ten as condicións axeitadas para realizar  esta función adecuadamente.

PLANO novo.jpg
Tamén recorda que o grupo municipal do BNG presentou, no ano 2008, unha proposta para que con sinxelas actuacións melloraran as condicións desta estrada. Entre as actuacións que propoñían e seguen a propoñer, está o retranqueo do muro de peche da horta da casa nº 39 da rúa San Benito, o que permitiría á construción dunha beirarrúa que faría posible o acceso aos peóns, sen perigo, desde o centro cultural da Mercé á praza de Fefiñáns. Como queira que esta actuación, segundo o alcalde naquel momento o señor Cores Tourís, non era posible por estar o BNG ao fronte da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza e xa desde o ano 2009 a citada Consellería está dirixida polo PP, non entendemos porque nestes anos non se modificou este vial polo beneficio, non só dos turistas, senón tamén dos veciños e veciñas de Cambados.

Polo tanto o grupo do BNG de Cambados solicita o seguinte:

1º.-  Que sexa realizado, canto antes, o arranxo da Avenida da Coruña que demandan os veciños e veciñas.
2º.- Que se inicien as xestións para proceder ao retranqueo  do muro de peche da horta da casa nº 39 da rúa San Benito, para que isto permita a futura construción da beirarrúa que mellore a seguridade desta avenida.




Moito nos tememos que sendo propiedade de quen é a actuación que pretenden os nacionalistas quede en nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.