Malia que o Concello decidiu cumprir os sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia atrasando o comezo das festas do Albariño como mostra de respecto aos 78 falecidos no accidente de tren que tivo lugar o mércores en Santiago, promotores privados como os que organizan o "AcquamarisMusic Festival" confirmaron xa a súa intención de non suspender os festexos previstos.
Fontes próximas á organización confirmaron onte que o certamen vai ter lugar na illa das Goritas tal e como estaba previsto. O propio promotor comentou a varias persoas nas útlimas horas que era "imposible" para o evento polos gastos que xa se habían desembolsado en conceptos como publicidade ou instalacións de son.
Moitos cidadáns critican a actitude dos promotores por non suspender a celebración neste día no que os galegos estamos de loito oficial. Eses mesmos cambadeses suponse que estarán en contra de que a festa do albariño abra os estands tamén antes de concluir o loito ou que se retrase unha hora un concerto para saltarse ese loito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.