TELÉFONOS DE INTERESE

19 de julio de 2013

MÁXIMA FM E PEPSI TRAEN A CAMBADOS A GRAN FESTA DA MÚSICA ELECTRÓNICA








Cambados é o escenario elixido para celebrar un concerto gratuíto de música electrónica cos mellores DJ de España. O sábado, 20 de xullo, os asistentes ao evento gozarán dunha sesión de catro horas no Paseo Marítimo Peirao Tragove, desde as 23.00 horas ata altas horas da madrugada.
O espectáculo está organizado conxuntamente por Máxima FM, unha das radios temáticas máis seguidas de España, e a marca de refrescos Pepsi.
O festival estará protagonizado polos DJ da propia emisora, que cada día pican todos os temas que soan durante a época estival. House, dance, reggaeton e todos os movementos musicais máis bailables e modernos pasarán por Tragove para o deleite do público.

Imaxen da xira en Bilbao
Premios
Pola noite celebrarase un concurso para os clientes da citada marca de refrescos. Así mesmo, haberá diversos premios, sorpresas e varios pases para a zona VIP do concerto do sábado aos gañadores. Os premiados daranse a coñecer publicamente a través da propia páxina da marca.
Cambados é unha das últimas paradas da xira 'Open Air Tour Máxima FM by Pepsi', denominación oficial do acontecemento que marcará a marcha nocturna no municipio.
Outras 13 cidades españolas poderán gozar da experiencia que se vivirá na localidade do Salnés: Barcelona, Xirona, Lérida, Alacante, Cádiz, Castelló, Murcia, Almería, Málaga, Granada, Zaragoza, Bilbao e Pola de Siero (Asturias). O tour realízase entre os meses de xuño e xullo.
Por outra banda, a organización espera a visita de numerosos asistentes ao evento do sábado, especialmente dirixido ao público novo.
Ritmo, festa e diversión están máis que garantidas no fin de semana cambadés.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.