TELÉFONOS DE INTERESE

11 de junio de 2013

CHON SABE CONXUGAR O VERBO DIMITIR




Facendo o que outros non fan.


A dirección do BNG aceptou a dimisión do concelleiro Xaquín Charlín González en Cambados despois de que realizara un comentario que o partido político cualifica como "machista" no seu blog persoal  (A TI MEU CAMBADOS) dirixido á vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.
Tras retirar do seu blog o comentario, o edil pedíu desculpas publicamente e anunciou que abandonará o seu cargo na corporación de Cambados.
A dirección da agrupación nacionalista manifesta o seu rexeitamento ao comentario realizado no blog e reprobou o contido ao igual que "contra todo tipo de manifestación sexistas como a que se acaba de producir".
Xaquín Charlín indicou que presentou a súa renuncia "voluntariamente", sen que o partido tivese que chegar a pedirlla, e que este mércores fará oficial a súa renuncia á acta de concelleiro por rexistro. A decisión adoptouna porque "non lle quero facer dano ao partido, non quero arrastrar ao BNG con isto. Antes de facerlle dano, marcho".
Arremeteu contra o PP pola actitude adoptada neste asunto e sinalou que "son un veciño que teño ou meu traballo, non vivo dá política como vos do PP, por iso o deixo,". O nacionalista seguirá como militante no BNG de Cambados "se me deixan" e considera que toda a situación "se está a desmadrando", pero "ante ou cariz que está a tomar ás cosuas, deixoo,".
Dende este blog non aprobamos a forma pero si o fondo da cuestión que estase a esquecer.   
Gastar 40.000 euros en algo que fai a seguridade social non e lóxico. Os cidadánas temos que pagar incluso os medicamentos e algunhas privilexiadas teñen revisións xinecolóxicas sen agardar nas listas de espera como "todo Dios".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.