Mario Rodríguez é un caricaturista grovense que comeza a abrirse paso entre os mellores. A partir deste sábado 15 disputarase con algúns dos mellores creadores e debuxantes o galardón Formoso do salón do cómic do concello de As Neves. Os seus rivais para a obtención do premio chegan á altura de Miguel Anxo Prado, David Rubín, José Domingo, Xaquín Marín e Fran Bueno.
| Autocaricatura |
O habitual colaborador na revista Sustansia e noutros medios móstrase satisfeito con esta nominación. Para celebralo agarda que numerosos interesados en ver a calidade dos seus traballos visiten, durante estes días,a exposición que mantén aberta no bar Manos situado na rúa Pombal do Grove. Alí poderanse observar algúns dos debuxos deste autor que é capaz de retratar ilustres pensadores galegos como Rosalía de Castro, Valle Inclán ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pero que tamén se atreve a realizar viñetas satíricas do presidente da Xunta de Galicia ou de Mariano Rajoy.
Os beneficios que se obteñan pola venda de debuxos nesta exposición destinaranse á Protectora de Animais de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.