TELÉFONOS DE INTERESE

▼

25 de junio de 2013

ACTIVIDADES DO FÚTBOL BASE CLUB JUVENTUD CAMBADOS




Parte dos monitores da base do Cambados

Os responsables do fútbol base do Juventud de Cambados e o alcalde Luís Aragunde presentaron o II Festival de Música, Gastronomía, e Fútbol que terá lugar o vindeiro sábado 29 no parque de Torrado. Neste mesmo escenario déronse cita os organizadores e o regidor para explicar os detalles dun evento co que se persegue recaudar fondos para a canteira do club de cara á próxima tempada. 
A idea primordial parte de levar a cabo varios competicións de fútbol 4x4 en dous campos de fútbol indoor que se habilitarán no propio parque. Os protagonistas serán os rapaces da canteira nas diferentes categorías de formación, e tamén os que desexen sumarse de idade xuvenil e sénior, nese caso cada equipo abonará 5 euros de inscripción.
Pola mañá comezarán os partidos dos torneos de categorías base, desde chupetes  ata cadetes. No propio parque e mercé á axuda logística do Concello, habilitarán zonas de bar, parrillas para asar e tamén un merendero. Os organizadores recoñecen que esperan que non só os pais das categorías base gocen da oferta gastronómica, senón que se sumen máis persoas a unha festa que continuará pola tarde e pola noite.
Tralo xantar chegará a quenda da competición en categoría xuvenil -sénior. A disputa das finais de todas pechará o evento deportivo. A partir de entón seguirá o Festival, con actuacións musicais (grupos locais de folk, o grupo de rock cambadés Stand By) e o final de festa xa de madrugada poñerano varios dj´s de Conexión Dance e Arousa Si Radio.




ESCOLA DE VERÁN DE FÚTBOL

Luís Aragunde e os responsables da base do club aproveitaron a presentación do Festival para anunciar a posta en marcha da Escola de Verán de Fútbol do Cambados, que será en xullo e agosto nas instalacións de O Pombal. Dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, ofrece fútbol e diferentes actividades de lecer organizadas polos monitores do club e o Concello. O custo é de 35 euros cota quincenal e 50 euros cota mensual (con descontos para irmáns) e inclúe material deportivo. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 626 860 449, 686 338 787 e 627 932 336.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.