TELÉFONOS DE INTERESE

6 de marzo de 2013

OS VECIÑOS DE CAMBADOS EMPEZAN A RECIBIR O NOVO IMPOSTO POLOS POZOS PARTICULARES








Xa están a o cobro os recibos do imposto polos pozos particulares, as traídas comunitarias etc... en Cambados. Varias persoas xa se dirixiron as oficinas de Aquagest na rúa Ourense para protestar e pedir explicacións tendo en conta que nadie foi polas casas a averiguar si tiñan ou non pozos. Supoñemos que deduciron por lóxica que quen non ten traída terá pozo. Pero a xente que ademáis de traída ten pozo igual líbrase de pagar este imposto. Xa fai uns meses algúns veciños do rural recibiran os recibos, pero agora exténdese a o casco urbán. Nos casos que coñecemos o imposto non supera os 15 euros anuais. Demasiado por algo que pagou cada veciño e que eses cartos non che benefician en nada.

Durante a campaña electoral das municipais do 2011, tanto o PSOE ,  coma BNG insistiron nunha nova Lei plantaxeda polo governo da Xunta de Núñez Feijoo. Era a nova Lei de Augas de Galicia.
Esta nova Lei supoñía un incremento no custo da auga para os galegos. Pasaríanse a cobrar unha taxa polos pozos particulares, as traídas comunitarias etc.


Naquel momento o Governo da Xunta negou tal cousa pero dende este blog (PREME AQUÍ) aseguraramos que a partires do 1 de xullo ía entrar en vigor o novo canon que iríase aplicando progresivamente nos Concellos e que os cidadáns notarán nos seus recibos.

Preto do 30 por cento pagará o mesmo ou incluso algo menos con este novo canon, o que implica que preto do 70 por cento verán aumentado o seu recibo.

Polo tanto nin a PSOE nin BNG lles faltaba razón nas suas protestas. O PP o verse descuberto tivo que variar esa Lei pero o caso que os galegos temos que pagar máis pola auga a partires do 1 de xullo do 2012. Non sabemos en que variará todo isto para os cambadeses pero de seguro que esta nova Lei non traerá beneficios para os cidadáns e si máis impostos para as debilitadas arcas dos galegos e por suposto dos veciños de Cambados e de toda a comarca arousán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.