TELÉFONOS DE INTERESE

11 de marzo de 2013

MANIFESTACIÓNS EN PONTEVEDRA. DIA DA CLASE OBREIRA






CIG protagonizou este día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha manifestación en solitario en Pontevedra contra os recortes do Governo.
Nesta ocasión, non obstante, o sindicato nacionalista quixo centrar o foco na negociación colectiva, como sinala o responsable de CIG-Metal Marcos Conde, "levamos xa catro anos sufrindo medida tras medida e recorte tras recorte en tódolos sentidos, tanto social como laboral. Tasas, recortes en sanidade ou educación e a última a reforma da negociación colectiva que é o estoque que quere acabar coas relacións laborais que funcionaban dende que entrou a democracia".
Para Conde, aínda que a participación nas mobilizacións poida descender nalgunhas ocasións, o descontento da cidadanía segue estando patente, "pode haber menos concurrencia porque non podemos esuqecer que hai ameaza de alerta laranxa, pero a xente é coñecedora do que nos xogamos neste momentos".

Por outra banda baixo o lema "Contra o paro. Seis millóns de razóns" os sindicatos UGT e CCOO manifestáronse este domingo 10 de marzo escenificando unha vez máis o seu descontento coas medidas laborais aplicadas nos últimos meses polo Goberno.
A protesta, que arrancou da Praza da Ferrería para rematar fronte á Subdelegación do Goberno, centrouse nos efectos da reforma laboral e as dificultades na negociación colectiva, ademais de pedir unha democracia máis participativa, como sinala o secretario comarcal de UGT Ramón Vidal, "queremos indicarlle ao Goberno que así non imos ben, xa somos seis millóns de parados. O que pedimos é que haxa verdadeira democracia participativa e buscar consensos que poidan plantexar solucións eficaces, non esta reforma laboral que o único que fai é producir despedimentos e non contratos".
Compartindo este argumento o mandatario local de CCOO, José Luis García Pedrosa, centrou as súas queixas nunhalexislación que permite a empresas con beneficios realizar axustes de plantel, "aquí Celtic Estores despide 16 traballadores e ENCE plantexa 39 en Pontevedra, eso é indecente, que a lexislación laboral en España permita que unha empresa que presenta 43 millóns de beneficio plantexe o despedimentos é algo que non se pode entender".
A mobilización non foi tan numerosa como outras protestas recentes, algo que García Pedrosa xustifica na oportunidade de escoller as datas, "as mobilizacións están a ser en zig-zag, está a haber algunhas moi masivas e outras máis reducidas, as veces acertamos no momento e noutras non. Igual esta chega un pouco tarde para conectar co momento de indignación".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.