TELÉFONOS DE INTERESE

8 de marzo de 2013

MÁIS DE 7000 PARADAS NA COMARCA DO SALNÉS





Traballadoras de Cuca
As traballadoras da factoría de Cuca en Vilaxoán ou Alfageme  son unha das mostras máis significativas da loita das mulleres das Rías Baixas por un posto de traballo. Precisamente Vilaxoán foi a localización que escolleu este ano Comisións Obreiras para dar a coñecer o seu manifesto e, nesta ocasión, un informe sobre a situación de desemprego da muller en oito concellos do Salnés.

Traballadoras de Alfageme
Nesta comarca contabilízanse segundo este sindicato 7.047 mulleres como demandantes de emprego, sendo a franxa de entre os 25 e os 45 anos a que conta cun maior número de paradas. Chama a atención neste estudio o sector de paradas de longa duración e tamén a recente entrada de mulleres nas listas do Inem, ó que da conta destrucción de emprego e do alto índice de temporalidade que se dá no traballo feminino; amais das condicións discriminatorias en soldo e condicións que adoitan asociarse a este emprego.

Lectura do Manifesto
Por sectores, ós máis castigados son a hostalería e o comercio seguido da industria manufactureira. Ante esta situación, fan un chamamento ós Gobernos Central e Autonómico en forma de manifesto para que garantan o acceso en igualdade das mulleres ó traballo e que a crise non afecte a eidos tan sensibles para a súa estabilidade e empregabilidade como son a Lei da Dependencia, a protección da maternidade ou a violencia de xénero, entre outros.

Para rematar decir que as traballadoras de Cuca cederon en parte e aceptan o traslado a O Grove.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.