TELÉFONOS DE INTERESE

11 de marzo de 2013

HABERÁ QUITA NO CONFLICTO DAS PREFERENTES






O Fondo de Garantía de Depósitos do Banco Central será o encargado de comprar as accións polas que este mes se están a permutar as participacións preferentes ou as débedas subordinadas.
Está é a resolución final que vai a adoptar o Goberno Central dentro deste mes para aqueles cliente dos bancos que foron nacionalizados. A mala nova para os afectados é que esta permuta realizarase previa quita de entre o 16 e o 40 %; unha cantidade que, aínda que menor da inicialmente anunciada, dista moito da aceptada polos clientes. O pasado venres o tema das preferentes era abordado por varios alcaldes do Partido Popular da provincia de Pontevedra co Presidente da Deputación.
Na foto non aparece nadie do Concello de Cambados
Nesta xuntanza, estes rexedores queixábanse que este conflicto estaba a ser utilizado por algúns para xerar lea e obstaculizar o normal funcionamento das tarefas municipais. Asegura o Presidente da Deputación que os populares só viñeron a solidarizarse e a intentar poñer solución a un conflicto que foi xerado por outros. Agora hai moita xente, entre eles os sindicalistas, que intentan quitar proveito da augas revoltas.
Neste senso, Louzán amosouse molesto coa visita a Sanxenxo do ex- ministro socialista Valeriano Gómez denunciando que non son quen os socialistas de vir a dar leccións sobre as preferentes cando teñen boa parte de responsabilidade na orixe do problema.
Aclarou tamén o titular do ente provincial que o suposto estancamento das arbitraxes se debe en calquera caso ás entidades bancarias posto que son elas as que aceptan que casos admiten levar á arbitraxe; non tendo a Xunta capacidade de decisión algunha.
Ata a data hai uns catorce mil casos de preferente solucionados en Galicia que deron en devolver uns 260 millóns de euros; con todo aínda quedan miles de casos por devolver dos que non se dá cuantificado o seu volume en euros por falla de información por parte das entidades financeiras comercializadoras.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.