TELÉFONOS DE INTERESE

5 de marzo de 2013

FOLGA DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN PARA SEMANA SANTA








Os sindicatos intentarán impoñer o xaxún en Semana Santa, que os pontevedreses non poidan comprar comida nos supermercados. CIG, CCOO e UGT presentaron este luns formalmente a convocatoria de folga na Xunta de Galicia en Vigo no sector do comercio da alimenación na provincia de Pontevedra para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo, coincidindo con este período litúrxico.
Segundo indicou o secretario comarcal de FECOHT-CCOO en Pontevedra, Carlos Búa, a convocatoria afecta a toda a semanaa excepción do Venres Santo, pois mesmo no Xoves Santo está previsto que abran as grandes superficies.
O sindicato CIG sinala que os sindicatos chegan á folga "ante os intentos da patronal de precarizar as condicións de traballo" e Carlos Búa engade que o fan "porque non queda outro remedio". Indica que con esta medida pretenden que a patronal "retire a oferta que ten sobre a mesa e logo empezaríamos a falar, pero sería dende o último convenio aprobado, senón é imposible. Non imos aceptar de ningunha maneira o que propoñen, son condicións sen parangón no tema laboral en España".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.