TELÉFONOS DE INTERESE

13 de marzo de 2013

CAMBADOS HOMENAXEOU A 5 MULLERES TRABALLADORAS







O Concello de Cambados con motivo do día Internacional da Muller Traballadora homenaxeou a cinco mulleres cambadesas:
Elvira Dorotea Dorita Domínguez Silvoso, en recoñecemento a súa longa traxectoria como profesora e á vocación herdada da súa nai, Viritas, que foi un referente para varias xeracións de cambadeses.
María Victoria Torres García, pola súa longa e recoñecida traxectoria profesional como pescantina, vendedora na praza de abastos cambadesa.
María Rosa Aragunde Márquez, en proba de recoñecemento polo importante labor que realiza na parroquia de Corvillón, onde oficia como sacristana e presidenta de Cáritas parroquial.
María José Martínez González, como presidenta da Agrupación de Costaleiras de Cambados, en proba de recoñecemento ó labor realizado ó longo destes anos por manter as tradicións e festividades máis representativas desta parroquia.
Rosa Núñez Núñez, tamén distinguida pola súa trayectoria como agricultora, socia fundadora da cooperativa Horsal, directiva da comisión vecinal da parcelaria de Vilariño e impulsora da vivenda vacacional A Gorriona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.