TELÉFONOS DE INTERESE
▼
4 de marzo de 2013
AFECTADOS POLAS PREFERENTES PIDEN A DEMISIÓN DA XERENTE DO I.G.C.
Un grupo de afectados polas participacións preferentes e débeda subordinada de Vigo concentráronse este luns fronte á delegación da Xunta na cidade, onde presentaron un escrito no que esixen ao Goberno galego "que investigue" quen foron responsables de autorizar as emisións destes produtos, así como o cese da gerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz, "pola súa incapacidade".
O portavoz do colectivo, José Manuel Estévez, explicou, en declaracións aos medios, que a Xunta de Galicia tiña presenza nos Consellos das entidades que emitiron preferentes "e non mirou polos afectados".
Así mesmo, reclamou o cese da gerente do Instituto Galego de Consumo, á que acusaron de enganar" a este colectivo. "Prometeunos manternos informados, pero nunca o fixo", sinalou Estévez.
Finalmente, os afectados pediron unha reunión á delegada territorial da Xunta, María José Bravo Bosch, e pedirán ao Goberno galego "que pelexe" por eles, para corrixir o memorándum enviado a Bruxelas e "quede claro" que os afectados "non son inversores".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.