TELÉFONOS DE INTERESE

9 de marzo de 2013

A XUNTA VAI CREAR UN CLUSTER DO TURISMO






Cento trinta e cinco empresas da provincia de Pontevedra contan cos máximos parámetros de calidade turística segundo o SICTED.
Un proxecto de Turespaña e a Federación Española de Municipios e Provincias destinados a promover e garantir a calidade dos destinos turísticos no noso país.
Nesta última fase do 2012, doce novas empresas acadaron o baremo de calidade requirido; sumándose así ás 123 recoñecidas en anos anteriores. Amais neste sétimo exercicio sumáronse a este proxecto unhas 45 novas empresas desta provincia. O Salnés acumula 31 recoñementos SINDTED, Barro 1; Poio 6; e Pontevedra Concello 15.

 
Deste xeito consolídase o esforzo do turismo pontevedrés a prol da calidade garantido por escrito por estes diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.
Neste acto de entrega dos diplomas a Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, anunciou a inminente creación do cluster do turismo de Galicia co fin de consolidar a aposta de Galicia como un destino único.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.