Cincuenta e un concellos da provincia de Pontevedra disporán nos vindeiros meses dunha liña de crédito de corenta e seis millóns de euros. Un anticipo a conta que lle facilita a Deputación de Pontevedra en base a unha póliza de crédito que ven de asinar co Banco Santander, gañador do concurso público presentado ó efecto.
Na relación de Concellos beneficiarios non se inclúen os máis poboados como son Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa ou Marín. Neste exercicio, desde a Deputación tamén se prevén medidas para facilitar o pago dos impostos ós contribuíntes.
O Goberno Provincial remitirá tamén á Axencia Tributaria o listado de contribuíntes de difícil cobro para os Concellos para que sexa o ente estatal o que continúe con estes proceso de recadación dificultosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.