TELÉFONOS DE INTERESE

13 de febrero de 2013

SEX MUSEUM EN PONTEVEDRA ESTE VENRES





Sex Museum VIERNES 15 DE FEBRERO. PONTEVEDRA. SALA KARMA por primeira vez na súa historia, miran cara a atrás e imprégnanse das raíces que lles axudaron a nacer. Toneladas deFuzz, órgano Hammond, ritmos trepidantes e todos os éxitos dos seus primeiros tempos, en cru e sen contemplacións.
 Esta é unha ocasión única de ver a Sex Museum volvendo ás súas orixes, pero non por iso deixasen de tocar outros “clásicos” do seu repertorio máis actual .A o longo de máis de dúas décadas, Sex Museum foi un dos mellores indicadores da saúde e a fortaleza da música independente do estado. O camiño que iniciaron como unha banda de “garage-rock” formada por cinco adolescentes dispostos a facerse un oco facendo as cousas ao seu xeito, pecha un círculo practicamente igual que o empezou, editando o seu ultimo propio disco sen ningún tipo de presión nin compromiso máis que con eles mesmos. Coa sabedoría do que leva toda a vida dedicado á música nunha xira sen fin e a seguridade de quen mantén a mesma actitude e ilusión dende oprincipio.O seu álbum INDEPENDENCE converteuse nun referente de como facer as cousas á marxe de todo o establecido nunha escena, a independente, que aínda estaba en cueiros abrindo un camiño que agora é transitado por tantas bandas.
 SEX MUSEUM inicia a súa andaina co LP “FUZZFACE” mítico disco cotizado que lles encaixa dentro dunha escena garaxe rock que loita por existir dentro dun ambiente dominado polo pop do batifondo madrileño. Axiña chaman a atención e con discos como “NATURE ´ S WAY” ou “SPARKS” son cos que logran crear unha lexión de fans dispostos a todo polo rock independente e que lles leva a meterse en aventuras psicodélicas, hard-roqueiras, vangardistas, experimentais, a tocar por Europa cando isto non era nada habitual e abrigo a manter unha traxectoria e unha actitude coherente e independente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.