TELÉFONOS DE INTERESE

4 de febrero de 2013

POR FIN REMATAN AS OBRAS NO ENTORNO DE SAN BENITO





A Rúa San Benito de Cambados loce xa o seu novo aspecto despois das obras de remodelación acometidas na zona de Fefiñáns e que tamén afectaron á Rúa Fomento, Congostra da Rianxeira e a Praza de Arousa.
Cunha tipoloxía similar á xa plasmada noutras zonas do conxunto histórico, na Rúa San Benito substituíuse o pavimento de formigón por lousa de pedra e tacos de granito.
Esta é unha das intervencións realizadas no ámbito Fefiñáns nos últimos meses para adecuar o centro histórico de cara ao paso da Vuelta a España 2012 e será visible para a os foráneos que veñan ver a Vuelta 2013. Sen dúbida unhas obras faraónicas dado o tamaño e tardanza en rematalas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.