TELÉFONOS DE INTERESE

13 de febrero de 2013

DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO EN CAMBADOS






Os cambadeses retaron onte á choiva e tomaron as rúas máis céntricas para gozar do desfile de Carnaval. E é que había moito nivel pero o xurado non puido resistirse á montaxe dun vello coñecido e concedeulle os 500 euros do primeiro. Tratábase do grupo local que o ano pasado arrasou cun xigantesco cabalo de Troya e que este ano  sorprendeu cun tema moi cambadés e cunha montaxe incrible. O seu nome: "Cambados sabe a festa" e os seus complementos: vieiras a tamaño humano, unha enorme botella de albariño e unha recreación da Torre de San Sadurniño que deixou pampos a máis dun. 
Algunha grupo amosou o seu enfado porque o xurado considerara coma carroza o que a o seu parecer e polas medidas que se establecían nas bases poderíanse considerar maquetas. Pero este enfado non foi "oficial polo que todo quedou en nada.



"Mira quen soña" de Sanxenxo, para o que escribe o mellor, levouse o segundo (400 euros) por un logradísimo circo. Moi ben caracterizados; e o terceiro (300 euros) recaeu noutro grupo cambadés que tratou con gran humor un tema un tanto delicado. Baixo o nome de "aerored", os seus membros presentáronse vestidos de rosa, mostrando grandes barrigas e cargando enormes pastilleiros deste coñecido fármaco. Iso si, foron moi elegantes, representando o problema que padecían con pompas de xabón.

No desfile tamén se puideron ver outras grandes ideas e deseños, como uns pequenos tiroleses, personaxes de "Alicia no País das Marabillas".

  O público tampouco defraudó e moitos acudiron disfrazados á cita aínda que fóra con abrigo e paraguas.

O Entroido despídese hoxe co descafeinado enterro do "Ecce Homo de Borja". A partir das 17:30 horas haberá doces e a comitiva fúnebre partirá ás 19 horas.



Podes ver máis fotos aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.