Celestino Lores e Gonzalo Durán presentaron na Feria Internacionál de Turismo (FITUR) a variante espiritual do Camiño Portugues a Santiago.”Camiño de Pontevedra o Salnes”
No ano 44,o corpo do Apóstolo Santiago cruzou a Ría de Arousa camiño de Compostela.
Os seus restos entraron polo mar de Arousa e subiron polo cauce do rio Ulla ata alcanzar Santiago de Compostela.
Esta tradición plasmouse o largo da milenaria historia xacobea nunha variada iconografía que representa a ultima singladura do apóstolo desde Jaffa(Palestina) ata Ira Flavia(Padrón)
Sendo esta a ruta primixenia de todos os camiños de Santiago.
O Camiño de Pontevedra o Salnés, promovido pola Fundación Camiño de Santiago e Amigos do Camiño Portugués e apoiado pola Deputacion e por todos os concellos polos que se desenvolve esta nova ruta, foi presentado a Tourespaña para que sexa incluído na campaña Privilege Spain, baseada no concepto de turismo experiencial. De ser aprobada a súa incorporación, o itinerario figuraría nos programas de divulgación turística de España.
A primeira parte desta ruta, a que toca á cidade de Pontevedra, inaugurouse o 10 de marzo do 2012 e comezou diante do santuario da Peregrina, pasando pola ponte do Burgo, Alba, e Ponte das Cabras onde se uniu ao Camiño Portugués a Santiago. Seguidamente, esta nova ruta transcorriu por Campañó, o mosteiro de Poio baixando ata Combarro e continuou ata o mosteiro de Armenteira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.