TELÉFONOS DE INTERESE

15 de febrero de 2013

AS DEZ DIFERENZAS ENTRE DUAS FOTOS

06-Xuño-12
Decembro 2012







        











                                                       Propoño hoxe un xogo, pero non de agudeza visual en contra do que poida parecer polo título da entrada. Entre as fotos que podedes ver aquí hay diferenzas, pero como decimos as diferencias non se ven nas fotos, bueno algunha hai, senón que as atopamos no noso povo. A maioría son negativas e as que non son negativas son pior que negativas e tamén hai positivas pero daquela maneira.

A primeira das diferencias é que o número de parados en Cambados aumentou a pesares das “bondades” da reforma laboral levada a cabo polo PP. NEGATIVA

A segunda é que o números de negocios que pechou as suas portas non deixou de crecer, no tempo transcurrido entre ámbalas duas fotos algún negocio mudou de donos ata tres veces. NEGATIVA

A terceira é que o Parque de Torrado pasou a ter un novo inquilino imposto de forma caciquil e arbitraria dende o Concello pese a negativa dun bo número de cambadeses . NEGATIVA

A cuarta e que a algún cambadés aumentoulle o patrimonio adquirindo unha vivienda pero fora do noso Concello. POSITIVA?

A quinta é que Cambados pode presumir duns lagos na emblemática Praza de Fefiñáns frente o antiguo Torres cousa extrana despois de "arranxar" zonas de Fefiñáns para o paso da Vuelta a España. POSITIVA?

A sexta e que aumentou o número de vehículos do parque móbil da Policía Local e do departamento de Obras e Servicios, para que logo non se queixen do frío e a choiva e salgan a patrullar os da Local. POSITIVA?

A séptima diferenza é que subiron impostos, taxas etc, etc e os servizos están igual ou peor. NEGATIVA

A octava diferenza e que a esquerda reaccionaria como lle gusta decir a o PP non se levantou en “armas” para derrocar a dereita pola subida do IBI como si fixo a dereita hai moitos anos no noso Concello. NIN POSITIVA NIN NEGATIVA

A novena e que as reformas das rúas que tiñamos que disfutar para La Vuelta a España 2012 puderonse ver polo Entroido 2013. NEGATIVA


E a décima é a máis evidente por onde pasa PP-Atila non crece a herba, basta ver o carballo que tan fachendoso plantou o Alcalde no Parque de Torrado ou o pinal de Maza. NEGATIVA


Estas son tan so dez pero poderíamos contar moitas máis e si contamos a nivel provincial, autonómico ou nacional, poderíamos escribir un libro moito máis gordo que o de PETETE.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.