TELÉFONOS DE INTERESE

15 de febrero de 2013

A DEPUTACIÓN CONVOCA 500 BECAS-CONTRATO





A Deputación de Pontevedra xa ten prácticamente lista a convocatoria de medio milleiro de becas-contrato para mozos, titulados universitarios que aínda non traballaron nunca.

Aquí teñen unha oportunidade para introducirse no mercado laboral, e á vista está o interese que suscita porque se presentaron 12.908 solicitudes, para apenas 500 postos de traballo.
A xefa de persoal da Diputación, Maria Jesús Torres, explicou esta mañá que pese a esta avalancha, con todo chamoulle a atención que o número de solicitudes é insuficiente para cubrir todos as prazas. Porque no caso concreto de Conservación e Restauración de Bens Culturais, hai máis oferta que demanda.


En cambio outras especialidades desbordan peticións, aínda que hai máis interese en universitarios de fóra da provincia de Pontevedra, o que tamén chama a atención. A título persoal penso que porque @s moz@s da provincia saben como que sin carné ou amigos e complicado traballar.

A próxima semana sairán as listas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.