|
No BOE
http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/11/pdfs/BOE-A-2012-7791.pdf publícase unha
subvención de 652.800€ para maquinaria e equipamento na residencia dos
maiores e aínda non sabemos si se fixo efectiva ou non.
O
custo da obra (a construción da residencia) foi de 6.500.000€, unha inversión
a día de hoxe tirada, non só por o que significan os cuartos, senón polo
significado de servizo público nun pobo como o Carballiño necesitado de
prazas para persoas maiores e sobre todo dependentes, existindo nestes momentos
unha importante demanda de prazas públicas e a Administración está a desviar
ditas peticións de prazas a Residencias Privadas Concertadas, evidenciando
unha vez máis o interese do Partido Popular en privatizar todos os servizos
públicos, para facer negocio a conta dos mesmos.
O
deseño da nova Residencia do Maior do Carballiño provocou que se reduxesen a
metade o número de residentes na Residencia que xa existía, pasando de ter
unha capacidade de 48 residentes a 24 residentes na actualidade, o que provoca
a non apertura da Nova Residencia un dobre prexuízo, xa que a día de hoxe na
vila máis importante da Provincia soamente se ofrecen 24 persoas para toda a
Comarca do Carballiño nunha residencia de maiores. Tendo en conta o
envellecemento da poboación, pon de manifesto o abandono que supón este tipo
de políticas para a Comarca.
Polo
tanto e lóxico esixir a apertura inmediata da Nova Residencia do Maior do
Carballiño, con xestión pública e dotada das empregadas e empregados públicos
necesarios para o seu correcto funcionamento, xa que de ningunha maneira
consentiríase a súa privatización ou que se encomende a súa xestión a unha
empresa privada.
Non se pode aceptar de ningún xeito
a escusa de que non hai dispoñibilidade orzamentaria, máxime cando en
decembro do ano 2012 se publica a subvención de 14 millóns de euros para a
construción dunha residencia de atención a discapacitados privada en Bóveda,
Lugo. A residencia crearía uns 50 postos de traballo directos e outros tantos
indirectos.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.