TELÉFONOS DE INTERESE
▼
17 de enero de 2013
OUTRA SENTENZA FAVORABLE POLAS PREFERENTES DICTADA EN CAMBADOS
O Xulgado de Cambados deu a razón a un afectado polas preferentes e anulou o contrato que no seu día asinou con Novagalicia Banco. Segundo explica a avogada Ana Villalustre, encargada de defender o caso, o xuíz tivo en conta que a información que no seu día ofreceron ao seu cliente era insuficiente e por iso considera que o contrato está viciado. A entidade bancaria deberá agora abonar todo o diñeiro ao afectado, aínda que tamén dispón dun prazo de vinte días para recorrer a sentenza. A avogada non quixo desvelar a contía do desembolso que deberá afrontar o banco, aínda que pareca que se trata de 20.000 euros.
Pouco máis de seis meses tardou o xulgado cambadés en ditar sentenza neste caso de preferentes. A media, explica Villalustre, adoita estar ao redor dos dez ou doce meses, dependendo da sala. A vía xudicial resultou, neste caso, ser máis rápida que a arbitraxe.
Os argumentos presentados polo seu cliente, engade Villalustre, serían válidos para moitos dos que perderon o seu diñeiro polas preferentes. «Os produtos bancarios son moi complexos e as entidades están obrigadas a dar información moi detallada», afirma. Pero isto non sucedeu así. No caso das preferentes, «a información que se daba non era toda a que había e tampouco se lles dicía todo o que había que dicirlles», puntualiza. As entidades só facilitaron información parcial, «o que levou á xente a engano. Igual se soubesen que eran accións que non vencían pois non terían asinado estes contratos», argumenta.
Cabe recordar que esta é a segunda sentenza a favor dun afectado polas preferentes que se dicta en Cambados en pouco máis de sete meses. Esto cecáis anime a os aforradores a empregar esta maneira de recuperar os seus cartos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.