Este galardón europeo recoñece anualmente ás mellores accións para garantir o transporte intermodal nas cidades europeas. No caso pontevedrés ven a recoñecer este último proxecto “metrominuto” como cumio a unha ampla planificación previa de proxectos destinados a gañar Pontevedra para os peóns; de xeito que a día de hoxe, o setenta por cento dos desprazamentos internos son a pé.
E é que en Pontevedra nos últimos anos
converteuse unha gran área en zona peonil, limitouse o acceso rodado en
varios espazos e a velocidade dos vehículos a 30 kilómetros hora no
centro urbán; e implantáronse outras medidas encamiñadas á mellora da
seguridade viaria e do medioambiente; así como a eliminación de ruídos e
da contaminación.
Este premio, Intermodes,
suporá un importante recoñecemento para esta capital de Provincia alén
das nosas fronteiras; e o que é máis importante, será un gran revulsivo
para a economía local.
Aínda que o recoñecemento
máis destacado, o dos propios veciños, xa conta con el incluso antes da
valoración do Intermodes. Unha comitiva de Pontevedra, co seu Alcalde
Miguel Anxo Fernández Lores á cabeza, acudirán a Bruxelas o vindeiro día
6 de febreiro para recibir este premio nun Congreso sobre mobilidade a
celebrar na Sé da Unión Europea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.