A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de O Salnés ampliará o peche que desde hai dez días manteñen en Sanxenxo, a un segundo concello da comarca.
É unha das novas medidas de presión que emprenderán para intentar
recuperar o seu diñeiro e que inclúe, estudar "accións máis drásticas"
como a retirada de todos os seus fondos nas distintas oficinas das
antigas caixas de aforro galegas.
"Queremos unha acción do Goberno xa para ter unha solución definitiva",
sinalou o portavoz dos afectados de O Salnés-O Grove, José Manuel
Vázquez, á vez que esixiu a implicación "dos alcaldes, dos presidentes
das deputacións e do titular da Xunta de Galicia". Recordaron ademais, que "levamos 15 días sen arbitraxe e non imos permitir que pase unha xornada máis con esta incerteza".
Esperan, pois, que esta petición sexa atendida polo presidente da
Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, de forma que na reunión que
manterá co responsable de Novagalicia Banco "esteamos todos
representados, e non só unha parte dos milleiros de afectados", co
obxectivo de recuperar os seus aforros a través da arbitraxe ou outra
fórmula que lles asegure o cobro efectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.