TELÉFONOS DE INTERESE

16 de enero de 2013

O DIRECTOR DA BANDA DE VILAGARCÍA DEFÉNDESE NA POLÉMICA DA TRADUCCIÓN





Polémica en Vilagarcía pola traducción ao castelán da obra Os Heroes do Orzán no Concerto da Banda de Música de Vilagarcía no Concerto de fin de ano.

A peza orixinal estaba en galego pero o director decidiu interpretala en castelán para que se entendese mellor; un feito que non gustou nada á oposición que pide responsabilidades ó director da Banda e ó edil de cultura. Deste xeito, os nacionalistas cualifican este feito de inaceptable e de aberración e atentado para a nosa lingua e cultura que o PP permita e non condene esta traducción.


Mentres tanto na rúa, a poboación está dividida e algúns non lle dan tanta importancia a o asunto aínda que si recoñece que a traducción foi innecesaria posto que nesta cidade son bilingües e calquera pode entender perfectamente o castelán e o galego. O responsable da traducción, o director da Banda Suso Nogueira, asegura que actuou de boa fe e coa licencia do autor e compositor Antón Alcalde; co fin de que algunha reviravolta da lingua chegase a todos con facilidade.

A banda no polémico concerto.
Aínda así sabe que esta situación é desproporcionada de máis e que responde ó xogo político do que algúns grupos pretenden sacar tallada. Nogueira entoa o mea culpa e asume tódalas responsabilidades desta traducción.

Con todo Nogueira non acepta a polémica que se creou en torno a este asunto posto que xa ten traducido ó galego moitos proxectos da importancia do Quixote sen que ninguén puxese o grito no ceo por faltarlle á lingua de Cervantes. De agora en diante respectará na medida do posible a lingua orixinal para evitar suspicacias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.