Fai hoxe un ano que comezamos a publicar CORES DE CAMBADOS e despois de este tempo e máis de 600 entradas queremos darlle as grazas a todos os que algunha vez votáchedes un vistazo a calquera das publicacións do blogg. As persoas que deixaron comentarios dando o seu punto de vista sobre o que eiquí publicamos, a os que mandaron artigos para que os publicáramos e tamén a os compañeiros de ASOBLOG pois grazas a eles fumos mellorando ou polo menos intentando mellorar a apariencia de CORES DE CAMBADOS.
Agardamos seguir publicando novas do voso interese a pesares de que as perspectivas laborais indican que poderíamos ter outro parón. Asegúrovos que de ser así tentaríamos seguir publicando aínda que fose esporádicamente. Pero estar lonxe de Galicia provoca unha lixeira perda de contacto co cotidiano, se non tes acceso como é o meu caso a internet.
De todos xeitos grazas por todo e a tod@s.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.