Ao
redor das 11:30 horas desta mañá, un operario que se atopaba realizando
traballos sobre unha escaleira nunha estación de servizo de Cambados
caeuse desde unha altura aproximada de dous metros cando estaba
manipulando unha estrutura metálica.
Ata a gasolinera situada no acceso á autovía do Salnés á altura do
quilómetro 3'5 desprazouse unha ambulancia de Urxencias Médicas, unha
dotación da Garda Civil e o servizo de Protección civil de Cambados. O
ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés onde se lle detectaron
lesións leves na cabeza e nas costas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.