TELÉFONOS DE INTERESE

▼

23 de enero de 2013

ACCIDENTE DE TRÁFICO EN SISÁN





Un mozo de 19 anos tivo que ser trasladado ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra con cortes e dor nunha man despois de perder o control do vehículo que conducía, por causas que se descoñecen, e bater cunha casa.

O suceso, segundo informan o 112 e Protección Civil de Cambados, tivo lugar minutos despois das 11:00 horas na estrada que une Sisán e Ribadumia á altura do Hotel San Marcos.
O condutor saíu do vehículo polo seu propio pé e aínda que nun primeiro momento non quixo recibir asistencia médica, rematou sendo trasladado polos efectivos sanitarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.