A maioría das embarcacións están censadas neste porto, 14 en Rianxo e media ducia no Grove.
"A vieira é de moi boa calidade e máis grande que a do ano pasado, pero pensamos que hai menos cantidade que no mes de febreiro, que foi cando puidemos traballar por última vez", sinalou Miser.
A intención é que mañá a vieira extraída poida venderse na praza de Cambados, "pero dependerá de que poida dar tempo a que sexa eviscerada antes de sacala ao mercado", precisou o portavoz.
De momento tan só se pode traballar na zona 4.2, O Galiñeiro, entre Cambados e O Grove, pero non se non descarta que na zona 4.1 poida facerse nos próximos días ao baixar o nivel de toxicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.