TELÉFONOS DE INTERESE

14 de diciembre de 2012

LOUZÁN PENSA EN TODOS





A Deputación de Pontevedra está rematando, para polo en marcha o próximo ano, un proxecto para a accesibilidade dos espazos públicos.

É unha iniciativa que Rafael Louzán quere estender a toda a provincia de Pontevedra, aínda que quere empezar pola comarca do Salnés.
 Coma sempre tirando para casa para poder dar máis posibilidades a "os seus".                                             Suponse que as obras que vaian facer para mellorar a accesibilidade serán adxudicadas de modo claro e non a dedo coma parece ser tras ver que unha e outra vez a adxudicataria da meirande parte das obras da Deputación, por non decir todas, é a mesma.

O anuncio de Louzán produciuse onte pola mañá nun encontro que mantivo en Pontevedra con máis de medio centenar de bolseiros das oficinas de turismo da provincia de Pontevedra.
Foi un achegamento de Louzán e o seu vicepresidente Figueroa, á problemática que expón as oficinas de turismo, e unha que se puxo sobre a mesa foi precisamente a dificultade que en moitos casos entraña, para discapacitados e persoas maiores, gozar plenamente de todos os atractivos turísticos que ofrecen as Rias Baixas.
Están aí, pero ás veces achegarse ata eles é complicado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.