TELÉFONOS DE INTERESE

21 de diciembre de 2012

CRISE NO PP LOCAL DE PONTEVEDRA




Tres concelleiros do PP de Pontevedra, José Manuel Guillán, Celia Soto e Begoña Laya, comunicaron ao portavoz municipal, Jacobo Moreira, a súa intención de renunciar ao cargo e abandonar a política local.
A crise no seo do grupo sáldase xa que logo con estas tres renuncias, que o pasado martes, na reunión con Rueda puideron ser seis. Ese día, presentaron a súa dimisión os seis concelleiros díscolos, pero nun primeiro momento non se aceptou ningunha delas.


Onte, despois do pleno, houbo outra reunión e Guillán, Laya e Soto mantiveron a súa intención de renunciar. A renuncia farase efectiva nos próximos días.
O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, acaba de anunciar non obstante que Celia Soto non está entre os edís que anunciaron a súa renuncia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.