| Traballadoras de Alfageme |
O persoal de Conservas Cuca teme que hoxe sexa o íltimo día de traballo na factoría de Vilaxoán tras ter constancia que a firma pretende trasladar parte da produción a fabrícaa de Boiro, segundo informou María Josefa Mariño, secretaria do comité de empresa.
As traballadoras solicitaron que se aprace o ERE que pretende levar a cabo a propietaria, o Grupo Garavilla, e hoxe contestaranlles, "é un dia clave, pero loitaremos o que sexa necesario para evitar o peche, isto é un caos para todo o pobo e a comarca". Tamén hoxe o xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra ás 10,00 horas a poxa da marca Miau e das fábricas de Ribadumia e Vilaxoán de Alfageme. A única posibilidade da supervivencia da conserveira está en mans da Xunta. Os bens terán un prezo de saída de 100.000 euros no que se refire á marca Miau, 300.000 a planta de Ribadumia e 500.000 a vilaxoanesa. A incerteza é grande na comarca do Salnés debido ao futuro de Cuca e Alfageme, ambas as asentadas en Vilaxoán, aínda que esta ultima ten outra factoria en Ribadumia. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.