TELÉFONOS DE INTERESE

19 de diciembre de 2012

A XUNTA SEGUE COA VIA DA ARBITRAXE NO CASO DAS PREFERENTES





Dos preto de 100.000 afectados galegos polas preferentes, once mil recuperaron o seu diñeiro, máis de 200 millóns de euros, pola via da arbitraxe que puxo en marcha a Xunta.
E por esa via vai seguir porque como acaba de manifestar no Parlamento o Concelleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, a arbitraxe na mellor opción para resolver o problema.
É áxil, é gratuíto e ten o valor dunha sentenza xudicial firme.
O conselleiro quedou aí, no que xa se fixo, e a oposición o que quería saber, e así o expuxo a socialista Carme Galego, é que vai pasar cos miles de cidadáns enganados que aínda non recuperaron os seus aforros.
Abordar este tema no Parlamento non resolveu dúbidas, así que os afectados polas Preferentes que estaban no hemiciclo montaron en cólera, ante o que a sesión suspendeuse uns minutos.
E mentres, outro grupo de afectados, da plataforma de Pontevedra e Marín, encerráronse ás dez da mañá no Concello de Marín, onde pensan permanecer ata as dez da noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.