TELÉFONOS DE INTERESE

18 de diciembre de 2012

109 0RIENTADORES ....DESPEDIDOS?




O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia que a Xunta empregue como receita "para aliviar a asfixia" que senten os traballadores en Galicia enviar "cartas de cesamento" aos 109 orientadores laborais que desenvolveu a súa actividade nas oficinas públicas de emprego dende hai catro anos.
Segundo explica nun comunicado esta formación, estes orientadores informaron que o goberno lles "está a mandar a carta de cesamento", empezando pola provincia de Ourense, e dende este martes "empezarán a recibir cada un deles esta fatídica carta sen informalos previamente do seu futuro".
"Con premeditación e aleivosía, o goberno do señor Núñez actúa como dinamitador do emprego e da cohesión social", afirmou este grupo, que denuncia a situación de "máis desemprego, máis fogares desolados ante o futuro e nunha das datas máis esixentes no económico para as familias galegas".
Deputados de Alternativa reuníronse en días pasados con estes orientadores, que lles trasladaron que nestes anos de "naufraxio" laboral, levaron a cabo un "inxente traballo en cuestión de orientación e a realización de itinerarios de emprego". Así mesmo, destacan que as persoas que acudiron en busca de emprego xa os coñecían e valoraban a súa dedicación e atención.
"O PP ameaza con destruír todo vestixio de estado de medioestar galego", recriminou AGE, que denuncia "as prácticas destrutivas do goberno de Feijóo". A el, recrimínanlle que "o despedimento de traballadores en Nadal mostra que a realidade é unha Galicia insolvente, que vai directamente ao baleiro".
Alternativa Galega de Esquerda reclama unha "volta atrás" nesta práctica, de forma que se prolongue a actividade laboral dos 109 orientadores laborais e que se fortaleza o servizo público de emprego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.