TELÉFONOS DE INTERESE

7 de noviembre de 2012

AGAMAR DENUNCIA A ROSA QUINTANA






A Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar) acusou á conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, de pretender cambiar "á carta" a normativa que regula as confrarías para posibilitar que o presidente da federación de confrarías galegas, Benito González Sineiro, poida "percibir retribucións a cargo do erario público por importe de case 30.000 euros ao ano".

Nun comunicado, a asociación subliña que, á vista do borrador do novo decreto que regulará as confrarías de pescadores, inclúese a iniciativa de "eliminar a gratuidade nos cargos electos" das mesmas, posibilitando que, a partir da súa entrada en vigor, os patróns maiores e, sobre todo, o presidente da Federación Galega, poidan percibir retribucións sen límites. A xuízo de Agamar, esta iniciativa supón unha boa e palpable mostra do clientelismo e da política para estómagos agradecidos que practica con impunidade esta administración.


 A asociación incide en que, mentres o sector padece as penurias da tráxica situación que toca vivir, o departamento que dirixe Quintana unicamente preocúpase de cambiar unha normativa para consumar a práctica de derivar indirectamente fondos públicos aos seus achegados e comparsas institucionais como paso previo a conseguir o aplauso que leve a imposición de fortes e importantes recortes que se aveciñan no futuro. Agamar entende que dita actuación é absolutamente ilegal e que vai en contra da xurisprudencia do TSXG e TS, polo que emprenderá todo tipo de accións legais .


Fonte: Diario de Arousa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.